Os obxectivos son:

O “ Festival das Núbebes” é o primeiro Festival de artes escénicas para bebés e familia de toda Galicia, promovido polo concello de Pontevedra e coordinado por Baobab Teatro.

Este festival aparece despois de observar a demanda cada vez maior de actividades para estas idades, e nace coa idea de darlle continuidade ano tras ano e crear así un programa de referencia en Pontevedra e en toda Galicia.

Queremos rodear aos nosos pequenos -e aos seus papás/mamás- de cousas bonitas e achegalos ao arte desde que nacen.

 

Xa estamos mans a obra para a próxima edición 2018. Estade atentos/as ás novas que colgaremos nesta web, na nosa páxina de Facebook e na páxina de Facebook do Festival das Núbebes.

Se es profesional do sector, se tes unha compañías de teatro, danza, animación..., xa está aberto o prazo de recepción de propostas de espectáculos e obradoiros para bebés.

Podes remitirnos o teu proxecto e/ou mostra do teu traballo ou espectáculo á dirección de email contacto@baobabteatro.com ou, se o prefires, por correo postal á: Baobab Teatro, rúa Real, 12 1ºD, Pontevedra.
Valoraremos de forma positiva que nos acheguedes documentación audiovisual, ben sexan enlaces a vídeos online ou en soporte físico do espectáculo/proposta.

 


EDICIÓNS ANTERIORES:

7ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(20,21,22,28,29 DE SEPTEMBRO de 2019)


Descarga aquí o programa de 2019


6ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(21,22,23,29,30 DE SEPTEMBRO de 2018)

 

Descarga aquí o programa 2018


5ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(23, 24, 29, 30 de setembro e 1 de outubro de 2017)

Descarga aquí o programa  2017

 

4ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

 (16,17,18, 23, 24, 25 de setembro de 2016)

Descarga aquí o programa 2016

 

3ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(18, 19, 20, e 25, 26, 27 de setembro de 2015)

Descarga aquí o programa 2015


2ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(21, 22, 27, 28, 29 de setembro de 2013)

Descarga aquí o programa 2013

FESTIVAL DAS NÚBEBES