Baobab Teatro tivo o pracer de ser seleccionado na vindeira 28ª Feira de Títeres de Lleida 2017 entre milleiros de propostas.
A Feira acolle unha media de vinte compañías converténdose durante unha fin de semana no punto de encontro de todos os programadores, produtores e compañías.
O espectáculo seleccionado foi Luppo, anteriormente premiado na 18ª Feira de Teatro de Castela e León - Ciudad Rodrigo como mellor espectáculo infantil e familiar, candidato aos Premios MAX 2016, seleccionado en Galicia Escena-Pro 2015, espectáculo recomendado pola Rede de Teatros e Auditorios.
Luppo é un espectáculo de sentimentos e emocións pensado para adultos e pequenos a partir de 4 anos, que fala do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños e maiores e da importancia das historias que construímos ao longo da nosa existencia.
A función terá lugar o Venres 5 de maio as 18:15 h e o Sábado 6 de maio ás 10:15h no CaixaForum de Lleida.